Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2016-2017
O STEG apoia a folga de estudantes convocada polo estudiantado para mañá xoves 24 de novembro
O Goberno do Partido Popular, mala estar en minoría parlamentaria a nivel estatal, desatende o Congreso dos Deputados e  volve demostrar que a súa vontade de diálogo é falsa. O anuncio do Consello de Ministros pasado, de que o Executivo pide ás Cortes revogar o acordo de toda a oposición que aprobou a Proposición de Lei de paralización do calendario LOMCE, volve ser outro descarado menosprezo á vontade popular.

Isto significa que o Ministerio de Méndez de Vigo non pensa dar ningún paso atrás na súa política educativa e insiste en impoñer ao final deste curso académico as reválidas que faltan por aplicar, a de 4º de ESO e 2º de Bacharelato.

O STEG continúa firme na sea defensa do Ensino Público, coa esixencia da derrogación inmediata da LOMCE, de toda a normativa de recortes e do resto de contrarreformas educativas.

En consecuencia, o STEG dá o seu apoio á folga de estudantes do 24 de novembro e anima a comunidade educativa e á sociedade no seu conxunto, a se solidarizar e participar nas diversas manifestacións e concentracións convocadas.

Paralelamente, o STEG continúa a lamentar a falta de unidade existente entre os diversos colectivos e plataformas, convidándoos a reorientar as súas posicións ao respecto, nun exercicio compartido de xenerosidade que promova concentrar e sumar xente e apoios ao fin que perseguimos dende posicións diversas: rematar coa LOMCE e coas reválidas.

-documento en pdf

                                                                     
                                                                                     Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG                                                 
22 de novembro de 2016
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal