Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2016-2017
Comunicado do STEG en relación á xuntanza da APMAEGAL cos representantes sindicais no CMUS de Pontevedra
Como ben reflicte o comunicado publicado na web do STEG o 14 de outubro de 2016, no pasado mes de setembro unha sentenza do TSX de Galiza ditaminou que a orde de adxudicación de destinos provisionais quedaba anulada no referente a un apartado sobre as prazas  nos CMUS. Esta sentenza anulou a posibilidade de que o profesorado de música da ESO puidese optar a prazas nos conservatorios.

Unha vez rematou o prazo para poder recurrir dita sentenza por parta da Consellería, o STEG foi convidado a participar nunha reunión informativa, onde a asociación APMAEGAL convocou os representantes sindicais o pasado martes 15 de novembro, ás 11 h., no CMUS Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra.
Nesa reunión fomos informados de que a Consellería de Cultura, Educación e O.U. non recorreu a sentenza do TSXG, diante do cal o STEG tomou a palabra para comunicar o seguinte:

- recomendar a todo o profesorado afectado pola decisión que a Consellería tomou no seu momento a iniciar de inmediato o estudo a exercer o dereito a reclamar “danos e perxuízos” que esta calamitosa decisión da Consellería lles puidese ocasionar.

- que imos mobilizarnos até coñecer de primeira man as futuras decisións da Consellería ao respecto, instando inmediatamente ao coñecemento público da sentenza solicitando unha reunión co Conselleiro. Isto urxe, xa que o STEG é coñecedor da posibilidade (non é oficial)  de que a Consellería convocase oposicións para trasvasar funcionarios de carreira da ESO cara CMUS.

- que o STEG entende como positivo o sentido da sentenza e felicita a xente deste colectivo, ao tempo que anuncia que seguirá a traballar porque se cumpra inmediatamente a mesma e para que se lles confira ás ensinanzas artísticas o carácter fundamental que deben xogar nun ensino da calidade, recuperando as horas de música que se eliminaron na ESO.

- que igualmente, o STEG é partidario dun Corpo Único de Ensinantes, pero que en tanto non se acade entendemos que se debe evitar o traslado do profesorado dun corpo para outro, máis aínda cando a Consellería o fai ao abeiro dos “recortes”, o que conlevou enfrontamentos entre traballadoras e traballadores do ensino público e xogando coa estabilidade de todos eles, cousa que xulgamos intolerábel.

-no caso de que a Consellería seguise coa súa folla de ruta, que na práctica despreza o traballo docente, e convocase finalmente oposicións a nivel interno, o STEG pediría que estas fosen dentro do corpo de Conservatorios de Música e que seguisen os mesmos criterios que se recollen con carácter xeral nas sucesivas Ordes de Oposicións.

Igualmente, o STEG quere lembrar que foi a única forza sindical que no seu día (tal e como quedou publicado hai xustamente un ano na nosa web aquí) defendeu e apoiou publicamente a reivindicación deste colectivo. Entendemos que os avances acadados nos dereitos das traballadoras e traballadores do ensino é unha loita compartida polas traballadoras e traballadores así como por colectivos e organizacións diversas, e que dende esta óptica non entendemos a teima de determinadas organizacións por se atribuíren en exclusiva o éxito de loitas que son compartidas, máis aínda cando coma neste caso directamente non participaron nela.

Dende o STEG seguiremos a loitar pola dignificación das ensinanzas artísticas e por acadar un ensino público de calidade, gratuíto, universal, e non discriminador a todos os niveis.

Comisión Permanente do Secratariado Nacional do STEG
novembro de 2016
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal