O STEG obtén unha representación global provisoria de 14 delegadas/os nas Xuntas de Persoal provinciais
Desde o STEG queremos agradecer, antes de nada, á nosa afiliación e a todo o profesorado galego a confianza depositada en nós nestas eleccións sindicais. Tamén queremos felicitarnos pola alta participación rexistrada e polo clima de total normalidade e civismo que presidiu a xornada en todos os centros.
O escrutinio provisorio reflicte que o STEG, ademais de confirmar a súa presenza en todas e cada unha das Xuntas de Persoal provinciais, podería entrar de novo a facer parte da Mesa Sectorial de Educación. Esta circunstancia, pendente do escrutinio definitivo na circunscrición de Ourense (que demorará ata o vindeiro martes día 9), visualiza de xeito evidente o importante éxito obtido polo STEG nestas eleccións. A entrada ou non do STEG na Mesa Sectorial depende neste intre da confirmación da obtención dun 3º delegado na circunscrición ourensá, que se sumaría aos 5 por A Coruña, 4 por Pontevedra e 2 por Lugo.
Todas as persoas que formamos parte deste proxecto asumimos estes resultados con moita alegría e con responsabilidade, sabedoras da obriga de traballarmos desde agora, con todo o apoio recibido, máis e mellor polo ensino público.
Coidamos que os resultados do STEG, e os das eleccións no seu conxunto, son un claro recado que o profesorado galego envía democraticamente á Consellaría, rexeitando a súa política educativa, por estar centrada na imposición da LOMCE, nos constantes recortes, no descarado apoio ao ensino privado concertado e no deterioro xeral das nosas condicións laborais, salariais e profesionais.
Parabéns a toda a xente que integrou as candidaturas do STEG, parabéns tamén ás persoas electas de todas as demais organizacións sindicais e moitas grazas a todas e todos pola forza e a confianza que nos acabades de dar!.
Secretariado Nacional do STEG
5 de decembro de 2014
Datos Coruña (100% escrutado)
Sindicato
|
Votos 2010
|
Votos 2014
|
Variación votos
|
Nº Delegadxs 2010 (sobre total de 43)
|
Nº Delegadxs 2014 (sobre total de 45)
|
Variación nº delegadxs
|
STEG
|
810
|
760
|
-50
|
5
|
5
|
-
|
CIG
|
3620
|
3594
|
-26
|
23
|
23
|
-
|
CCOO
|
1333
|
1201
|
-132
|
9
|
7
|
-2
|
FETE-UXT
|
753
|
536
|
-217
|
5
|
3
|
-2
|
CSIF
|
379
|
479
|
100
|
-
|
3
|
+3
|
ANPE
|
770
|
599
|
-171
|
5
|
4
|
-1
|
Datos Lugo (100% escrutado)
Sindicato
|
Votos 2010
|
Votos 2014
|
Variación votos
|
Nº Delegadxs 2010 (sobre total de 29)
|
Nº Delegadxs 2014 (sobre total de 27)
|
Variación nº delegadxs
|
STEG
|
290
|
242
|
-48
|
3
|
2
|
-1
|
CIG
|
1036
|
1034
|
-2
|
10
|
10
|
-
|
CCOO
|
256
|
222
|
-34
|
3
|
2
|
-1
|
FETE-UXT
|
530
|
352
|
-178
|
5
|
4
|
-1
|
CSIF
|
358
|
377
|
19
|
3
|
4
|
+1
|
ANPE
|
535
|
460
|
-75
|
5
|
5
|
-
|
Datos Ourense (resultados provisionais)
Sindicato
|
Votos 2010
|
Votos 2014
|
Variación votos
|
Nº Delegadxs 2010 (sobre total de 27)
|
Nº Delegadxs 2014 (sobre total de 27)
|
Variación nº delegadxs
|
STEG
|
204
|
197
|
-7
|
2
|
3
|
+1
|
CIG
|
703
|
662
|
-41
|
8
|
9
|
+1
|
CCOO
|
715
|
592
|
-123
|
8
|
8
|
-
|
FETE-UXT
|
321
|
257
|
-64
|
4
|
3
|
-1
|
CSIF
|
52
|
115
|
+62
|
-
|
-
|
-
|
ANPE
|
449
|
362
|
-87
|
5
|
4
|
-1
|
Datos Pontevedra (100% escrutado)
Sindicato
|
Votos 2010
|
Votos 2014
|
Variación votos
|
Nº Delegadxs 2010 (sobre total de 43)
|
Nº Delegadxs 2014 (sobre total de 41)
|
Variación nº delegadxs
|
STEG
|
699
|
741
|
42
|
4
|
4
|
-
|
CIG
|
3426
|
3394
|
-32
|
21
|
21
|
-
|
CCOO
|
1051
|
815
|
-236
|
7
|
5
|
-2
|
FETE-UXT
|
1213
|
848
|
-365
|
8
|
5
|
-3
|
CSIF
|
197
|
468
|
271
|
0
|
3
|
3
|
ANPE
|
510
|
441
|
-69
|
3
|
3
|
-
|
|