Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  LINGUA GALEGA   
ARTIGOS DE OPINIÓN DO STEG
Solicitamos a retirada do Decreto e a dimisión do Conselleiro de Educación
O TSXG DALLE Á RAZÓN AO STEG NA ILEGALIDADE DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO

Solicitamos a retirada do Decreto e a dimisión do Conselleiro de Educación

Desde o STEG celebramos a sentenza, que coñecimos no día de hoxe, sobre o decreto do plurilingüísmo ao noso recurso, como un triunfo do conxunto da sociedade galega que rexeitou na rúa esta inxusta norma, un triunfo do sentido común, un triunfo da comunidade educativa e de todas as organizacións que sumamos esforzos en defensa do ben común da nosa lingua. Un triunfo na medida que, ao igual que nas outras sentenzas, vai ao fundamento desta norma e ao fundamanto da mentira na que se baseou: a liberdade da escolla das familas e alumnado.

É un triunfo do sentido común ao determinar que a educación das nenas e nenos compete á Consellaría de Educación e non ás familias. Como xa dixemos no seu momento, as familias teñen un papel fundamental na educación das crianzas mais non poden condenar a unha nena ou neno á ignorancia sexa dunha lingua ou ben doutra cuestión curricular. Queda agora claro que é obriga da administración traballar pola normalización da nosa lingua.

Tamén é un triunfo do sentido común a escolla do alumnado do uso da lingua en contra de todo criterio pedagóxico. Para aprender unha lingua é preciso o seu uso polo que nin esta nin outras destrezas poden quedar á decisión do alumnado menoscabando a autoridade pedagóxica do profesorado e da ciencia lingüística.

Rexeitamos de plano a interpretación que fai da sentenza a Consellaría ao confundir o cuantitativo co cualitativo (que só elimina unha pequena porcentaxe). A sentenza declara ilegais elementos esenciais do Decreto e non se pode interpretar polo número de artigos que elimina senón pola importancia dos eliminados ao ser os elementos esenciais da política lingüicida do goberno galego.

Tamén queremos contestar á mentira da Consellaría ao dicir que non declara ilegal a consulta. Lembramos que os decretos anteriores recollían a consulta co obxectivo de elaborarar o mellor posible o plano lingüístico do centro mais non para que decida o proxenitor/a se unha alumna/o vai a aprender galego ou non. Deixa claro que a Administración galega é a reponsable da aprendizaxe plena das linguas oficiais.

Desde o STEG esiximos a Consellaría de Educación que derrogue inmediatamente o Decreto de Plurilingüismo e abra un proceso de diálogo real con toda a comunidade educativa e o resto da sociedade para recoñecerlle ao galego o espazo que lle corresponde na educación. Esiximos, asemade, a dimisión do Conselleiro de Educación que, tendo escoitado estes mesmos argumentos agora ratificados polo TSXG de prácticamente todos os colectivos cos que se entrevistou antes da aprobación do Decreto, escolleu recoller as demandas e os argumentos dun colectivo absolutamente minoritario como Galicia Bilingüe. O dano feito á lingua e ao alumnado nestes últimos catro anos merecen esta reparación simbólica e unha volta aos principios da Lei de Normalización Lingüística real.


Secretariado Nacional do STEG
Galiza, 5 de decembro de 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal