Características da convocatoria
Obxecto: Licenzas para que os funcionarios de carreira amplíen a formación na súa especialidade, realicen proxectos de investigación ou acaden unha nova titulación.
Tipos
-
Retribuídas
- Tese de doutoramento (curso completo)
- 1ª licenciatura ou estudos equivalentes (curso completo)
- 1ª diplomatura (curso completo)
- 2ª licenciatura (cuadrimestral)
- Proxectos (cuadrimestral)
- Grupos de traballo elaboración materiais curriculares (cuadrimestral)
- Perfeccionamento en linguas extranxeiras no exterior
- Sen retribucións
- Poden ser concedidas por períodos de 6 ou de 12 meses ininterrompidos cada 3 anos.
Requisitos
Entre outros:
- Estar en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2008/09 e 2009/10, e no 2010/11 seguiren tendo destino en centros educativos da Consellaría, en equipos de orientación específicos ou nos servizos provinciais de Inspección educativa.
- Ter 3 anos de antigüidade como funcionario de carreira