Desde o STEG queremos expresar o noso pesar polo pasamento de Isaac Díaz Pardo, así como o noso máis fondo agradecemento polo legado que nos deixa. A súa longa vida adicada á cultura e á sociedade galega, exemplo de honestidade intelectual e xenerosidade, é a memoria viva do camiño no que perseverar nestes momentos tan dificis para nós como pobo.
A dignidade coa que viviu, a do auténtico intelectual, desminte por si soa a definición da súa propia vida como“colección de fracasos”, e abondou para conseguir a admiración e recoñecemento de todas as xeracións de galegas e galegos que tivemos a honra de velo entrar na historia viva do noso país.
O seu exemplo sírvenos de estímulo e énchenos de orgullo.
Secretariado Nacional do STEG |