Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  PROFESORADO INTERINO   
INFORMACIÓN XERAL
O STEG demandou da Consellería que pague de oficio o mes de xullo ás substitutas e substitutos
Unha deficiente xestión e coordinación da administración educativa galega alimenta a dúbida sobre o cobro do salario deste colectivo

A administración educativa galega enviou onte, día 4 de xullo, dous correos solicitando documentación distinta ao colectivo de substitutas e substitutos para cobrar o mes de xullo, e polos días  do mes de agosto que procedan. Desde o STEG denunciamos que, sendo a primeira vez que se lles solicita, non se teña informado antes a este colectivo nin aos sindicatos para transmitir esta información ao profesorado. Ademais queremos denunciar:

1. Tanto o tempo como a forma: por correo electrónico o día 4 de xullo para realizar a xestión “antes do dia 5” e logo no 2º correo antes do día 7”
2. A confusión e falta de coordinación no solicitado: nun correo solicítase un INFORMA DE VIDA LABORAL e no outro un INFORME DA SITUACIÓN actual.

Coñecida polo STEG estas instrucións puxémonos en contacto coa Subdirección Xeral para denunciar este procedemento e ao mesmo tempo demandamos o pagamento de oficio e que se permitira, en todo caso, achegar a documentación durante todo o mes de Xullo.

O STEG denunciará por escrito na Consellaría esta deficiente xestión que, coma sempre, é contraria aos dereitos do profesorado interino e substituto.


Secretariado Nacional do STEG
xullo 2011
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal